• Currículo

    Datos Persoais:

    Ana Pillado Vega, A Coruña (1971)

    Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela.
    Asistiu a diversos talleres de gravado no CIEC (Betanzos).
    Realizou un curso de arteterapia impartido por Joan Sagrera (Presidente da Asociación Española de Arterapia).
    Así mesmo, asistiu aos cursos Miradas arredor da Arte Contemporánea e Aproximacións á creación, organizados polo CGAC.

    Pintura

    Exposicións colectivas:

    1990
    O Cómic na Escola
    , Institutos de Bacharelato de Galiza.

    1996
    Muller Xove e Creatividade, principais vilas e ciudades de Galiza.

    1999
    Café Macondo, A Coruña.

    2000
    Balconadas, Betanzos.

    2001
    Un Compromiso con Galiza, Hostal dos Reis Católicos, Santiago de Compostela.

    2002
    Artistas de Oleiros, Pazo da Carballeira.
    Arte no Morrazo, Cangas (Pontevedra).
    Concurso de Pintura ‘Alfonso Iglesias’, Bueu (Pontevedra).
    Balconadas, Betanzos ( 3º premio).
    VI Obradoiro Internacional das Artes Plásticas A Solaina, Museo Municipal de Lalín.

    2003
    Galería Alameda, Vigo.
    As Cores do Mar
    , Kiosko Alfonso, A Coruña.
    Artistas de Oleiros
    , Pazo da Carballeira.
    Augas Bravas
    , Pub Alfaiate, A Coruña.
    Botella al Mar
    , Casa das Artes, Vigo.
    Auditorio de Galiza, Santiago de Compostela.
    Art Xove
    , Casa da Cultura, Pontedeume.
    Encontros na Cidade Vella
    , Sala ‘Portas Ártabras’, A Coruña.
    Taller de Nubes
    , Sala de Exposicións do Liceo de Betanzos.
    Pintores e Poetas
    , Casa de Galiza, Lisboa.
    Cento sete marés
    , Galería Esmelgar, Lugo.-

    2004
    Artistas de Oleiros, Pazo da Carballeira.
    Nadir
    , Centro Galego, Lisboa.Convento dos Capuchos, Almada (Portugal).
    Xardín Botánico, O Burgo (Culleredo).
    Asociación de Empresarios, Santiago de Compostela.
    Sala de Exposicións do Liceo, Betanzos.
    Erotizarte, Galería Esmelgar, Lugo.
    Proxecto Didáctico Nos Eidos da Arte, CEP Antonio Magariños, Cambados.

    2005
    Colectivo Intre, Sala do edificio administrativo da Xunta, Lugo.
    Centro Galego, Lisboa.
    Nin unha máis, Sala da Asoc. Cult. ‘Alexandre Bóveda’, A Coruña.
    Museo Municipal, Carballo.
    Sala de Exposicións do Concello de Muros.Liceo, Betanzos.
    Sala de Exposicións do Concello de Poio.
    Colectiva de Nadal, Galería Dúa Dos, Vigo.

    2006
    Fisuras no Cotián, Casa da Parra, Santiago de Compostela.

    2007
    Holland Art Fair, A Haia (Holanda)
    Art Frankfurt
    , Alemaña.
    Galería Pablo Ruíz , Málaga.
    Art Natura, principais ciudades e vilas de Galiza.

    2009
    Abanicos para la Fundación Vicente Ferrer,
    Galería Atlántica, A Coruña.

    2010
    Artistas de Oleiros, Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña)

    Exposicións individuais:

    1996
    Pub ‘Pepa a Loba’, Santiago de Compostela.

    1997
    Café ‘Macondo’, A Coruña.
    Sala ‘A Zaranda’, Burela.

    1999
    Sala de Exposicións da Facultade de Filoloxía, Universidade da Coruña.

    2000
    Galería Sargadelos, Vigo.

    2001
    Galería Sargadelos, Lugo.

    2002
    Galería Citanía, Santiago de Compostela.

    2003
    Centro Comarcal de Bergantiños, Buño (A Coruña).
    Sala ‘Portas Ártabras’, A Coruña.

    2005
    Sala ‘Eya’, Sada.

    2006
    Sala de Exposicións da Asoc. Cult. ‘Alexandre Bóveda’, A Coruña.
    Sala ‘Eya’, Sada.

    2010
    ‘A nena Pepita’, A Coruña.

    2018

    ‘O xardín dos soños’, Santiago de Compostela.

    Ilustración

    Ten colaborado coas seguintes publicacións e Editoriais:

    • Cadernos da Escola Dramática Galega.
    • Cadernos de Teatro.
    • Revista de Teatro CasaHamlet.
    • Revista de Pensamento Enclave.
    • Revista de Creación Literaria e Artes Gráficas Alquimia.
    • Revista Casa da Gramática.
    • Anuario de Literatura Medieval Troianoalexandrina.
    • Revista Literaria Festa da Palabra Silenciada.
    • Semanario A Nosa Terra.
    • Revista das Letras de O Correo Galego e, posteriormente, do Galicia Hoxe.
    • Edicións Espiral Maior.
    • Editorial Toxosoutos.
    • Edicións Laiovento.
    • Baía Edicións.
    • Editorial Kalandraka.
    • Fervenza Edicións.
    • Editorial A Nosa Terra.
    • Biblioteca- Arquivo Teatral Pillado Maior (Universidade da Coruña).

    Así mesmo, elaborou os deseños dos seguintes cartaces:

    • XXI Festival de Pardiñas.
    • II Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (Pontevedra).
    • Ciclo de Teatro Sen Numerar (Concello da Coruña).
    • 1ª Xornadas sobre Muller, Xénero e Educación, ASPG (Vigo).
    • Xornadas Mulleres e Homes ante a Educación, ASPG (Pontevedra).
    • Recital de Poesía Primeiro foi o Mar, CasaHamlet- Deputación da Coruña.
    • III Xornadas para a Educación na Igualdade, ASPG (Santiago de Compostela).
    • IV Xornadas da Muller, ASPG (Santiago de Compostela).
    • V Xornadas da Muller, ASPG (Santiago de Compostela)
    • VI Xornadas da Muller, ASPG
    • VII Xornadas da Muller, ASPG
    • II Encontro Cidade da Coruña ‘Mulleres na Literatura’, Real Academia Galega, Concello da Coruña.
    • VIII Xornadas da Muller, ASPG.

    No ano 2006 impartiu obradoiros de Ilustración para nenos/as na 1ª Semana do Libro e a Lectura organizada pola ASPG en Carballo, Viveiro, e Pontedeume. Onde, tamén estiveron expostos os orixináis das ilustracións feitas para o conto Poucapalla (Ed. Kalandraka).

    No 2008 imparte talleres de ilustración para nenos/as en Oleiros, na 3ª Semana do Libro organizada pola ASPG.

    Cerámica

    2001
    Escola Libre de Cerámica do Castro- Sargadelos.
    Crea o Taller de Cerámica Alma de Lama, Oleiros (A Coruña).

    2002
    Deseño dunha placa para o CEP Xosé Pichel, Coristanco.

    2003
    Mostrart, A Coruña.
    Centro Comarcal de Bergantiños, Buño.
    Sala ‘Portas Ártabras‘, A Coruña.
    Galería Esmelgar, Lugo.

    2004
    Intergift
    , Recinto Ferial Juan Carlos I, Madrid.<
    Mural para a fachada do Hostal Libredón, Santiago de Compostela.
    Deseño dunha placa para o premio Patria e Lingua, Carballo.
    Mostrart
    , A Coruña.

    2005
    Deseño dos murais para a fachada da tenda de artesanía Maeloc, Santiago de Compostela.

    2006
    Exposición do V Certame de Artesanía Antonio Fraguas (Deputación da Coruña): – Edificio Multiusos, Vimianzo.
    Edificio Multiusos, Oroso.
    Casa das Palmeras, Neda.
    Casa da Xuventude, Curtis.
    Casa da Cultura, Boqueixón.
    Centro Cívico Cultural, Arteixo.
    Casa da Cultura, Fene.
    CPI Viaño Pequeño, Trazo.
    Pazo de Congresos e Exposicións, Melide.
    Deseño da peza ‘Non volvo máis á peceira’ para o Premio ‘Eu tamén navegar por unha Galiza sen violencia de xénero’ promovido pola Secretaría Xeral da Igualdade (Xunta de Galiza)

    No 2009 deseña o galardón dos premios convocados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

    No mesmo ano, 2009, imparte obradoiros de cerámica xunto co ceramista Roberto González, dentro do programa de ‘Noites novas’, organizado polo concello da Coruña.

    Literatura

    1996
    Ser ou non Ser, accesit ao I Premio de relatos curtos de humor A Peneira.

    Desde o ano 2002 colabora na revista de poesía Xistral, editada polo Concello de Lugo.

    2005
    FABULA MATER, Poema en 12 Actos, editado co apoio do Concello de Oleiros.

    2009
    saen do prelo os tres primeiros libros da colección ‘contos de Lila Lilaina’ (Ed. A Nosa Terra)

    Outras actividades

    No ano 2006 crea con Teresa Queiro a liña de deseño e serigrafía textil ‘Polifemias’.
    Imparte talleres de pintura, debuxo, ilustración e desenvolvemento da creatividade en diversos centros da Coruña.
    Realizou traballos no ámbito da publicidade co deseñador gráfico Borja Franco Silva.
    No 2006 entra a formar parte de Femme Fatale, grupo de cabaret do colectivo cultural ‘3º pé, andar creativo’. No 2007 participa con Femme Fatale na estrea da obra ‘Lerchas’, escrita e dirixida por Nelson Quinteiro, na Sala Son (Cangas), e na posta en escea desta mesma obra no Festival de Cabaret de Pontevedra.
    Dende o ano 2006 exerce como profesora de lingua castelá e literatura no ensino secundario.